ACTIVIDAD 2: O MÉTODO CIENTÍFICO

1)Empirismo: Método ou coñecemento baseado nas observacións dos feitos.

2)Filosofía: Conxunto de reflexións sobre a esencia, as propiedades, as causas e os efectos das cousas naturais, especialmente sobre o home e o universo.

3)Hipótese: Suposición feita a partir duns datos que serven de base para unha investigación ou unha argumentación.

4)Teoría: Conxunto de regras, principios e coñecementos acerca dunha ciencia, unha doutrina ou unha actividade, prescindindo das súas posibles aplicacións prácticas. 


-Contribución de Galileo e Descartes ao método científico:

-Galileo e Descartes, ambos os dous foron importantes para a consecución do método científico. Galileo foi o primeiro en empregar todas as fases do método científico, en cambio Descartes puxo en dúbida ese método, dicindo que algo que non se comprobou anteriormente, non ten porque ser certo.


-Etapas do método científico:

1- Observación.

2- Pregunta.

3- Hipótese.

4- Experimentar.

5- Resultados.

6- Conclusión.


-Exemplo de cada fase do método científico:

 

1- Observación: Un vehículo está facendo un ruido estrano. Esa sería unha observación xa que nos levaría a facernos a pregunta do por que dese ruido.

2- Pregunta: En 1983 os médicos J. Robin Warren e Barry Marshall observaron en mostras gástricas bacterias en forma de "S". As preguntas que se plantexaron foron: Por qué non se viron antes? Estas bacterias son patóxenas ou simples comensais nunha mucosa danada? E son estas bacterias campilobácteres?

3- Hipótese:  No caso das observacións de Warren e Marshal, a hipótese sería que as bacterias nas mostras gástricas están producindo el dano.

4-Experimentar:  Warren e Marshal trataron a uns pacientes con úlcera gástrica. O grupo control foi tratado cos medicamentos normais para a úlcera e outro grupo recibiu antibióticos e despois dun certo tempo volvéronse a realizar medidas.

5-Resultados: Grazas ao traballo de Warren os seus colaboradores descubriuse unha nova bacteria, o Helicobacter pylori, que era a responsable das úlceras duodenais.

6- O primeiro reporte de Warren sobre a posible participación dunha bacteria descoñecida na úlcera gástrica apareceu na revista Lancet en 1983. Barry Marshal presentou os hachazgos na conferencia de Campilobacter en Bruselas, Bélxica no mesmo ano. No 2005 ambos investigadores recibiron o premio Nobel da fisioloxía por "o descubrimento da bacteria Helicobacter pylori e o seu papel na gastritis e na enfermidade pola úlcera péptica".

 

Comentarios