Entradas

Mostrando entradas de enero, 2021

Cuestionario unidade 2: Atmosfera

Imagen
 2- Placa solar fotovoltaica: Transforma a enerxía solar directamente en enerxía eléctrica, mediante o uso das propiedades físicas dalgúns semicondutores cando están expostas á luz solar.     3- Aeroxenerador: Transforma a enerxía eólica en eléctrica. Consta dunha torre enriba da cal vai colocada a góndola onde están os equipos que interveñen no proceso eólico. Na súa punta vai colocado o muíño, encargado de capturar o vento e mandalo ao seu interior, onde se encontra unha turbina que transforma a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica e posteriormente en enerxía eléctrica. Unha vez obtida a electricidade é conducida por cables que baixan xunto a parede da torre, de alí pasan a un transformador que converte a corrente continua en alterna antes de pasar a alimentar a rede eléctrica.   4- Diferenza entre emisión en inmisión: 4.1) Emisión: chámaselle ao proceso de exhalación ou expulsión dunha cousa cara fora. 4.2) Inmisión: son contaminantes secundarios formados...