Cuestionario 1: O sistema terra
1- Modelo de representación dun sistema: 1) Temos a realidade. 2) Observamos esa realidade. 3) Plantexámonos unha hipótese no cal poremos os límites do sistema, eleximos o tipo de modelo, variables e relacións cusais. 4) Facemos o diseño ideal do modelo. 5) Por último verificamos o modelo. 2- GPS: É un sistema de posicionamento global, é un servicio que ten en propiedade os EE.UU. que proporciona aos usuarios información sobre o posicionamento, navegación e cronometría. Este sistema está constituído por tres segmentos: segmento espacial, segmento de control e segmento de usuario. 3- Uso da teledetección: Algunhas das aplicacións da teledetección son: estudo da erosión das praias e arenais. Inventario rexional do medio ambiente para facer estudos do impacto ambiental. Cartografía xeolóxica para a explotación de recursos minerais e petroleiros. 4- Exemplos dos modelos: 1) En función do grao de observación: Teriamos un modelos de caixa branca e un modelo de caixa negra. ...