INFORME. É O PLANETA TERRA UN SISTEMA?

 


O planeta Terra si que é un sistemas, xa que os seus compoñentes esstán relacionados entre si e aparte é un sistema que permite a entrada e saída de materia. Aparte disto tamén ten uns límites que son un marco conceptual que evalúa o estado de 9 procesos fundamentais para a estabilidade do sistema Terra e suxire unha serie de umbrais para estos procesos, que no caso de ser superados, poden por en peligro a habitalidade do planeta.


 A Terra está formada por uns elementos internos e uns externos:


-Os elementos internos da Terra son a codia que é sólida e de silicato, unha astenosfera e un manto altamente viscosos, un núcleo externo líquido que é menos viscoso có manto e un núcleo interno sólido.


-Os elementos externos da Terra son 3: unha capa sólida que é a geoesfera , outra é unha capa líquida que é a hidrosfera na cal encontramos toda a auga do planeta, unha capa gaseosa que se chama atmosfera que é unha enorme masa de aire que recubre todo o planeta Terra e que a súa vez etá formada por outras capas como son a troposfera e a estratosfera, e por íltimo atopamonos coa bioesfera que é o conxunto de seres vivos que se atopan na Terra.


A relación que se atopan entre eles é que se nos faltara algunha destas capas sería imposible que se dera a existencia da vida na Terra xa que se por exemplo nos faltase a atmosfera os seres humáns non poderiamos respirar e polo tanto moreriamos e tamén a radiacións do sol que é a nosa estrela sería enorme e sería imposible que se dese a vida, ou se nos faltase a hidroesfera non teriamos auga que é un elemento básico para que se de a vida na Terra e polo tanto se non a tivéramos morreriamos tamén. Polo tanto isto quere dicir que unha capa complementa a outra e sen unha sería imposible que se deran o resto.


A Terra intercambia materia co exterior, xa que permite a entrada de materia, pero tamén permite a saída de materia, polo tanto poderiamos dicir que estamos ante un sistema aberto. A atmosfera terrestre deixa escapar continuamente moléculas ao exterior e recibe micrometeoritos. Non obstante no transcurso do tempo, a masa do planeta permaneceu practicamente constante. Tamén nos os seres humanos intercambiamos materias, xa que producimos gases e contaminación que acaban saíndo da Terra e recibimos os raios de Sol que proveñen como é obvio do Sol.


Por todo isto que expliquei anteriormente vese claramente que a Terra é un sistema aberto, no cal hai relacións tanto simples como complexas . 

Sergio Moreda valverde


Comentarios