Cuestionario unidade 2: Atmosfera

 2- Placa solar fotovoltaica:

Transforma a enerxía solar directamente en enerxía eléctrica, mediante o uso das propiedades físicas dalgúns semicondutores cando están expostas á luz solar.

 https://upload.wikimedia.org/wikipedia/commons/2/2c/Fixed_Tilt_Solar_panel_at_Canterbury_Municipal_Building_Canterbury_New_Hampshire.jpg

 

3- Aeroxenerador:

Transforma a enerxía eólica en eléctrica. Consta dunha torre enriba da cal vai colocada a góndola onde están os equipos que interveñen no proceso eólico. Na súa punta vai colocado o muíño, encargado de capturar o vento e mandalo ao seu interior, onde se encontra unha turbina que transforma a enerxía cinética do vento en enerxía mecánica e posteriormente en enerxía eléctrica. Unha vez obtida a electricidade é conducida por cables que baixan xunto a parede da torre, de alí pasan a un transformador que converte a corrente continua en alterna antes de pasar a alimentar a rede eléctrica.

 https://www.iberdrola.com/wcorp/gc/prod/es_ES/comunicacion/aerogeneradores_curiosidades_1_res/Curiosidades_aerogenradores_746x419.jpg


4- Diferenza entre emisión en inmisión:

4.1) Emisión: chámaselle ao proceso de exhalación ou expulsión dunha cousa cara fora.

4.2) Inmisión: son contaminantes secundarios formados polos primarios, que se xuntan cos gases da atmosfera.


5- Eliminación dos óxidos de xofre e nitróxeno por parte da atmosfera:

Unha forma de neutralizar os gases contaminantes é cando reaccionan cos gases da atmosfera. Eses gases contaminantes sácanse da atmosfera mediante a choiva, pero isto non é definitivo, porque cae en forma de choiva ácida ao solo. A forma de erradicalos é mediante bacterias, unha vez que están no solo.


6- Smog:

É unha forma de contaminación orixinada a partir da combinación do aire con contaminantes durante un longo período de altas presións, que provoca o estancamento do aire e polo tanto, a permanencia deste na troposfera e as veces, na estratosfera debido á maior densidade.


 https://twenergy.com/wp-content/uploads/2015/08/smog-ciudad.jpg


7- Efectos das ondas electromagnéticas sobre a saúde:

Leváronse a cabo un gran número de estudos para intentar determinar se os teléfonos móbiles poden ter riscos para a saúde. Non obstante, hoxe en día non se confirmou que o uso do móbil sexa prexudicial para a saúde. Con todo si que é certo que coñeceron unha serie de efectos sobre a saúde en certas persoas.

-A curto prazo, a principal consecuencia da exposición ás ondas electromagnéticas é o aumento da temperatura dos texidos expostos. No caso de que as frecuencias sexan empregadas polos móbiles, a maior parte da enerxía é absorbida pola pel e outros texidos superficiais, de maneira que é posible un aumento da temperatura que se puidera dar no cerebro ou outros órganos é practicamente nula.


Comentarios