Cuestienario Unidade 1: O medio ambiente como sistema
2- Unha solución podría ser encher de pesticidas as copas deses árbores para así eliminar a praga aínda que creo que non sería tampouco moi efectivo, xa que podes acabar con moitas desas moscas, pero non con todas xa que están en continua reprodución e ao cabo de certo tempo volvería haber unha praga. Pero para arranxar o problema de inmediato é a única solución que lle encontro, porque a outra que se me ocorre sería cortar os árbores e non creo que sexa tampouco moi boa opción.
Claro que esta solución pode iniciar un problema ambiental, xa que a medida que dou para combatir este problema é o emprego de elementos químicos como poden ser os pesticidas, polo tanto as persoas que pasen por eses árbores terán que tapar o nariz ou facer algo o respecto xa que estarían respirando elementos químicos constantemente.
3-
3.1) Cisterna de baño: unha cisterna de baño, si que forma un sistema, xa que ten diversos compoñentes, estes relaciónanse entre si e con esta relación chagamos ao resultado final que son todos os compoñentes unidos para dar lugar ao que chamamos cisterna.
3.2) Ordenador: o ordenador tamén é un sistema xa que ten diferentes compoñentes (pantalla, torre, teclado, rato...), ten un límite e non intercambia materia co exterior, pero si enerxía e isto da lugar ao que chamamos ordenador
3.3) Célula dun músculo: tamén é un sistema porque está formada por diferentes compoñentes como son o núcleo, o citoplasma, os orgánulos e a membrana celular, hai unha relación co exterior e intercambia materia e enerxía co exterior e isto da lugar as células.
4-
4.1) Sistema illado: un traxe de neopreno é un sistema illado, xa que se encontra protexido durante un periodo de tempo do intercambio calórico entre a auga e a persoa que leva o neopreno.
4.2) Sistema aberto: o proceso das plantas da fotosíntese, xa que realiza un notorio intercambio de enerxía entre o osíxeno que entra na planta e o dióxido de carbono que sae.
4.3) Sistema pechado: un exemplo de sistema pechado é o efecto invernadoiro, xa que entra a luz que provén do sol, pero en cambio despois non sae nada.
5- Un sistema cibernético é aquel que emprega mecanismo para autoarranxarse. A retroalimentación consiste en empregar parte da saída do sistema para controlar parte da entrada futura ao sistema. Así mantén unha temperatura o máis cercano posible á óptima para que o mecanismo funcione á perfección (intercámbiase principalmente información).
6- Relacións causais simples:
6.1) Canto máis calor haxa, maior é a probabilidade de incendios.
6.2) Canto menos calor haxa, menor é a probabilidade de incendios.
6.3) Canto máis estudes, máis fácil será aprobar.
7- Relacións causais complexas:
7.1) Canta máis comida basura, menos saúde e máis obesidade.
7.2) Cantas menos prazas, máis xente queda fora e menos xente entra.
8- Leis da termodinámica:
Son tres leis e consisten no seguinte:
1) Lei da conservación da enerxía: a enerxía nin se crea nin se destrúe, soamente se transforma. En cualquier sistema a enerxía que entra será igual á enerxía a enerxía almacenada máis a enerxía que sale (E Entrante= E Almacenada+ E Saliente).
2) Lei da antropía: resúmese en que a cantidade de entropía no universo tende a incrementarse no tempo. Iso significa que o grado de desorden dos sistemas aumenta ata acadar un punto de equilibrio, que é o estado de maior desorden do sistema.
3) Lei do cero absoluto: resulta difícil acadar o cero absoluto, pero podemos pensar esta lei analizando o que ocorre nun conxelador: os alimentos que depositemos alí enfriaranse tanto, que se ralentizarán ou incluso detendrán os procesos bioquímicos no seu interior. Por iso retárdase a súa descomposición e será apto o seu consumo durante moito máis tempo.
9- Estudio analítico e sintético:
Por exemplo para analizar a atmosfera de forma analítica o que fariamos sería estudar todas as partes que a forman. Sen embargo mediante o estudo sintético o que fariamos sería estudar a atmosfera como un conxunto de todas as partes que a forman.
Comentarios
Publicar un comentario