Cuestionario 2: atmosfera e hidrosfera
2- Influencia do ciclo da auga sobre o clima terrestre e forzas e enerxías que o manteñen no tempo.
O ciclo da auga participa na temperatura de dúas formas:
2.1) O vapor de auga é un gas con efecto invernadoiro (aumenta a temperatura).
2.2) Condiciona á cantidade de xeo e de neve, responsables do albedo (diminúen as tremperaturas). A cor branca do xeo fai que os raios de sol chocan contra ela e rebotan e polo tanto marchan.
2.3) A forza solar fai forza cara arriba porque a auga quéntase e evapórase e polo contrario tamén fai forza cara abaixo pola gravidade.
3- Grandente térmico. Influencia no movemento tanto horizontal como vertical da auga.
3.1) O grandente térmico fai circular os fluídos, transportando calor e tendendo a igualar temperaturas. A atmosfera e a hidrosfera compórtanse de forma diferente debido as súas diferenzas con respecto a: densidade, comprensibilidade, mobilidade, capacidade de almacenar calor e capacidade para conducir calor.
3.2) Movementos verticales:
-Atmosfera: o aire móvese dende abaixo cara arriba. O aire de altura é máis frío e denso, polo que baixa e quéntase e o aire superficial é máis cálido e menos denso, polo que sube e arrefríase. Isto ocorre porque o aire é mal condutor do calor: a atmosfera quéntase grazas á irradiación terrestre e pola condensación do vapor de auga.
-Hidrosfera: a auga móvese dende enriba cara abaixo. So descende auga superficial cando está máis fría que no fondo, e fai que a auga profunda elévese. A auga é boa condutora do calor: quéntase polo sol a capa superficial e o fondo segue frío.
3.3) Movementos horizontais: prodúcese un desprazamento de ventos e correntes mariñas impulsadas polo vento. Son debidos á desigual insolación terrestre: hai circulación horizontal do vento e de correntes oceánicas que transportan calor e amortiguan as diferenzas térmicas. Esta circulación xeneral vese modificada polo relevo.
4- A atmosfera primitiva.
Formouse pola degradación sufrida pola terra durante o seu proceso de enfriamento. Ademais engadíronse substancias a través de:
4.1) Xeosfera: os volcáns expulsaban gases e polvos.
4.2) Biosfera: Os seres vivos expulsaban osíxeno, hidróxeno e dióxido de carbono.
4.3) Hidrosfera: os océanos e mares expulsaban vapor de auga e sales.
5- Variación da temperatura e composición dos gases nas distintas capas da atmosfera.
5.1) Troposfera: ten o 80% dos gases atmosféricos. Por iso a presión atmosférica descende bruscamente coa altura. De 1000 milibares a 200 milibares. Tamén descende a temperatura coa altura, é o chamado gradiente vertical da temperatura.
a tropopausa está a 9 km nos polos e a 16 no ecuador ( o aire cálido é menos denso). Nela ocorren: o efecto invernadoiro e os fenómenos metereolóxicos (capa do clima). Hai movementos verticais que dispersan o po e os contaminantes, que se acumulan nos primeiros 500 m( a chamada capa sucia).
5.2) Estratosfera: a estratopausa está 50-60 km.Non presenta movementos verticais do aire: está disposta en capas. Non hai nubes.A temperatura aumenta coa altura (ata os 4ºC). Contén a capa de ozono a uns 15-30 km dende a tropopausa. o seu espesor é variable (é mínimo nos polos) .
5.3) Mesosfera: a mesopausa está a 80 km. A temperatura diminúe ca altura, ata ser -80ºC. O aire ten moi pouca densidade, pero é suficiente como para inflamar meteoritos (estrelas fugaces).
5.4) Termosfera: a termopausa está a 600 km. A temperatura aumenta ata 1000ºC (pola absorción da radiación). No N2 e O2 están ionozados positivamente: xeran un campo magnético, pois a superficie terrestre ten carga negativa. Hai un estante de cargas ( recárgase durante as tormentas).
Na ionosfera rebotan as ondas de radio. Nas zonas polares prodúcense auroras boreais e austrais ao rozar electróns que chegan dende o sol coa ionosfera.
6-Movemento convectivo: movemento do calor asociado a un movemento de materia
7- Anticiclón e borrasca:
7.1) Anticiclón: centro de altas presións (1013 mb) provoca temperaturas estables durante un certo tempo.
7.2) Borrasca: centros de baixas presións (menios de 1013 mb) e provoca unha inestabilidade no tempo.
8- Efecto coriolis, relevo e insolación:
8.1) Efecto coriolis: por exemplo nos desagües. No hemisferio norte, a auga xira no sentido das agullas do reloxo e no hemisferio sur en sentido contrario e xusto no ecuador a auga no xira e baixa directamente.
8.2) Relevo: efecto Foehn, o barlovento e o sotavento. O barlovento é a parte da montaña pola cal entra o vento, sube e arefríase, e o sotavento é a parte oposta, é dicir, parte na cal precipitará.
8.3) Insolación: nas zonas ecuatoriales quéntase mpoito e nas zonas polares arrefríase moito.
Comentarios
Publicar un comentario