A DESTRUCIÓN DA CAPA DE OZONO
O ozono é unha molécula formada por 3 átoos de osíxeno (O3). A capa de ozono absorbe entre o 97 e o 99% da radiación ultravioleta de baixa frecuencia (150-300 nm). A variación da capa de ozono produce un efecto importante sobre a superficie terrestre, é dicir, unha capa de ozono dunhas 300 DU (3mm) faría ca superficie da Terra estivera a 0ºC. Isto quere dicir que o que fai a capa de ozono é protexernos dos raios ultravioletas do sol e grazas a isto que se poda dar a existencia da vida humana neste planeta.
A capa de ozono destrúese pola redución do espesor da capa de ozono estratosférico e polo problema do aumento de ozono troposférico. A redución do espesor da capa de ozono estratosférico, situado entre 15 55km de altura, que filtra as daniñas radiacións ultravioletas do sol. A súa diminución débese ao cloro contido nos CFC (clorofluorocarburos) empregados en aerosois, escumas e refrixerantes. Fronte a este problema España conta con estacións de vixilancia e en virtude dun acordo internacional subscrito pola UE, temos o Protocolo de Montreal (1987) que prohibiu a produción, comercialización e uso dos CFC. O problema do aumento do ozono troposférico xérase a rentes do chan pola reacción da luz intensa cos óxidos de nitróxeno e cos produtos procedentes da combustión de hidrocarburos nos automóbiles, industrias e caldeiras de carbón.
Comentarios
Publicar un comentario