CHOIVA ÁCIDA

 A choiva ácida é unha precipitación cun grao de acidez superior ao normal. Prodúcese cando as emisións de dióxido de xofre e óxido de nitróxeno se mesturan co vapor de auga contido no aire e se transforman en solucións ácidas, que caen á superficie terrestre coa auga da choiva. Provoca alteracións na auga, na vexetación, no solo e nos edificios. As zonas máis afectadas en España atópanse preto das centrais térmicas da Coruña, León e Teruel.

Fronte a isto, España asinou o convenio de Xenebra (1982) comprometéndose a reducir en 2010 as emisións de xofre nun 65% respecto a 1990 e as de NOx nun 41%. Ademais, para cumprir a normativa da UE pmaior parte da enerxía é absorbida pola pel e outros texidos superficiais, de maneira que é posible un aumento da temperatura que se puidera dar no cerebro ou outros órganos é practicamente nula.rocederá a mellora tecnolóxica das centrais térmicas e ao peche de 23 delas entre 2008-2015. Debido a isto diminuíron as emisións de SO2, pero aumentaron as de NOx.

No estado mexicano de Tabasco, por detallar un caso puntual que chegou aos medios de comunicación pola gravidade do problema, a choiva ácida formada pola actividade petroleira, non soamente tivo un serio impacto ambiental senón que tamén afecta á saúde e ao benestar da xente que vive preto de complexos e pozos petroleiros. Cáncer e dificultades de fertilidade son parte das realidades que enfrentan os poboadores pola contaminación provocada pola industria petroleira.

Na cidade China de Tianjin, unha explosión nun depósito onde había produtos químicos (entre eles, moitas toneladas de cianuro de sodio) tivo efectos devastadores. O panorama medioambiental e social complicouse aínda máis pola choiva ácida que provocou problemas de pel nos cidadáns e deixou sobre as rúas unha capa de espuma.


https://external-content.duckduckgo.com/iu/?u=https%3A%2F%2Fimage.slidesharecdn.com%2Ftrabajoluislluviaacidaok-091103193711-phpapp02%2F95%2Flluvia-acida-5-728.jpg%3Fcb%3D1257277071&f=1&nofb=1   https://external-content.duckduckgo.com/iu/?u=http%3A%2F%2Fwww.elcampesino.co%2Fwp-content%2Fuploads%2F2017%2F12%2Flluvia-acida-formacion-como-r.jpg&f=1&nofb=1

 

 

Comentarios