Cuestionario unidade 3: hidrosfera (1ª parte)

 2- Sobre o ciclo da auga indica: cando se producen os cambios de estado?, que forzas e enerxías o manteñen?

 

Cando varían as temperaturas. Por unha parte a enerxía do sol que fai que os movementos vaian cara arriba e logo a forza de gravidade que fai que a agua vaia cara abaixo.

 

3- Define: infiltración, escorrentía, evapotranspiración e nivel freático.

 

1) Infiltración: ocorre cando a auga que alcanza o chan, penetra a través dos seus poros e pasa a ser subterránea.

2) Escorrentía: é a altura en milímetros da auga da chuvia esparcida e extendida. Normalmente considérase como a precipitación menos a evapotranspiración real e a infiltración do sistema do solo. Movemento da auga nas zonas continentales dende as zonas máis altas as máis baixas.

3) evapotranspiración: a auga evapórase na superficie oceánica, sobre a superficie terrestre e tamén polos organismos, no fenómeno de transpiración nas plantas e sudoración en animais. Evaporación debida á acción humana.

4) Nivel freático: superficie que toma os puntos onde a presión da auga e a presión atmosférica son iguais. Nivel máis alto que acada a auga dos subsolos.

 

 

4- Que é un acuífero? Que tipo de acuífero hai baixo o Sahara?

 

Un acuífero defínese como unha formación xeolóxica que está constituída por unha ou máis capas de rochas, capaz de almacenar e ceder auga. Sitúase no solo e na zona denominada "zona saturada".

Os acuíferos caracterízanse por posuír unha permeabilidade e unha porosidade determinada, os cales son parámetros que definen as características hidráulicas do acuífero, é dicir, o movemento da auga depende do tipo de rochas do solo.

Baixo o Sahara hai un acuífero fósil que é unha extensa reserva subterránea de auga fósil situada no norte do deserto do Sahara, en Arxelia.


5- Que é un humidal?. Por que son importantes?

 

Son zonas de transición entre os ecosistemas terrestres e os ecosistemas acuáticos e posúen unha baixa profundidade. O normal é atopalos en terreos chas inundados que se encontran próximas aos cursos de auga (ríos ou lagos). Algúns humidais, ocasionalmente poden estar illados, sen auga cercana; neste caso, son as augas subterráneas as que proporcionan líquido aos humidais.

Os humidais son indispensables, xa que ofrecen dende suministros de auga doce, alimentos e materiais de construción e biodiversidade ata control de crecidas, recarga de augas subterráneas e mitigación do cambio climático. Os humidais nos proporcionan auga e actúan como barreira protectora fronte a inundacións, secas e outros desastres naturais. Ademais, son capaces de de almacenar máis carbono que calquer outro ecosistema. Todos estos servizos ecosistémicos os coverten en entornos clave para asegurar un desenvolvemento sostible.


6-Que quere dicir que a auga é un regulador térmico?

 

A auga é un bo regulador térmico da temperatura, porque quentase e arrefríase lentamente, o que contribúe a regular o clima e a que non existan temperaturas extremas.

 

7- Que é un upwelling?

 

É o ascenso da auga de niveis máis profundos, máis fría e rica en sales nutrintes (nitratos, fosfatos e silicatos). Esta auga substitúe a auga superficial, máis calida e xeralmente máis probre en nutrintes, que foi desplazada pola acción do vento.

 

8- Define brevemente que é a cinta transportadora oceánica:  


É toda unha serie de correntes, que recorren todos os océanos do mundo e serven, por exemplo para transportar nutrintes ou regular a temperatura da auga.

 

 

 

Comentarios