Cuestionario unidade 3: Hidrosfera (2ª parte)

 2- Que é a seca? Que tipos hai?


Falta de choivas durante un período prolongado de tempo que produce seca nos campos e escaseza de auga.

-Seca meteorolóxica: dícese que se está en seca meteorolóxica cando se produce unha escasez continuada das precipitacións. É a sequa que da orixe aos restantes tipos de secas e normalmente afecta a zonas de gran extensión. A orixe da escasez de precipitacións está relacionado co comportamento global do sistema océano-atmosfera, onde inflúen tanto factores naturais como factores antrópicos, como a deforestación ou o incremento dos gases de efecto invernadoiro. A definición de seca meteorolóxica está vinculada a unha rexión específica, xa que as condicións atmosféricas que producen déficit de precipitación son moi variables de unha rexión a outra. Ademais este tipo de seca tamn pode implicar temperaturas máis altas, ventos de forte intensidade, humidade relativamente baixa, incremento da evapotranspiración, menor cobertura de nubes e maior insolación; todo isto pode traducirse finalmente en reducións nas tasas de infiltración, menor escorrentía, redución na percolación profunda e menor recarga das augas subterráneas. En moitos casos o indicador primario de dispoñibilidade de auga é a preciptación.

-Seca hidrolóxica: pode definirse como aquela relacionada con períodos de caudais circulantes polos cursos de auga ou de volumes embalsados por debaixo da normal. Unha definición máis precisa sería a diminución nas dispoñibilidades de augas superficiais e subterráneas nun sistema de xestión durante un plazo temporal dado, respecto aos valores medios, que poden impedir cubrir as demandas de auga ao cen por cen. A diferenza da seca agrícola, que ten lugar pouco tempo despois da meteorolóxica, a seca hidrolóxica pode demorarse durante meses ou algún ano dende o inicio da escasez pluviómetra ou se as choivas retornan en pouco tempo, no chegar a manifestarse.

-Seca agrícola ou hidroedáfica: pode definirse como déficit de humidade na zona radicular para satisfacer as necesidades dun cultivo nun lugar e nunha época determinada. Dado que a cantidade de auga é diferente para cada cultivo, e incluso pode variar ao longo do crrecemento dunha mesma planta, non é posible establecer umbrais de seca agrícola válidos nin tan sequera para unha área xeográfica. En zonas de cultivo de secaño vai ligada á seca meteorolóxica con un pequeno desfase temporal dependente da capacidade de retención de humidade do solo edáfico. En zonas irraigadas, a seca agrícola está máis vinculada á seca hidrolóxica.

-Seca socioeconómica: entendida como afección da escasez da auga ás persoas e á actividade económica como consecuencia da seca. Para falar de seca socioeconómica non é necesario que se produza unha restrición do suministro da auga, senón que chega con que algún sector económico se vexa afectado pola escasez hídrica con consecuencias económicas desfavorables. A crecente presión da actividade humana sobre o recurso da auga fai que cada vez sexa maior a incidencia da seca socioeconómica, con pérdidas económicas crecente.


3- Aínda ca a Terra é un planeta fundamentalmente líquido na súa superficie, a seca e a desertización son dous dos maiores problemas da humanidade. Relaciona isto coa distribución de auga na Terra.

 

En primeiro lugar a distribución da auga na terra é moi distinta dependendo da latitude. Máis ou menos o 50 por cento dos países están en seca porque estamos falando de auga doce. E un planeta que se considera moi líquido pero a maioría é salgada. Non so hai que ter en conta a cantidade de auga doce que ten un pais senón que tamén a cantidade de habitantes dese país e o consumo de auga. Por exemplo China ten moita cantidade de auga, pero a poboación é grandisima e polo tante e escasa e fronte a isto en canada a cantidadde de auga e menor, pero o numero de habitantes tamen disminue, polo tanto en proporcion a cantidade de auga e moito maior.


4- Que son os usos consuntivos e non consuntivos da auga?. Pon exemplos.

Os usos consuntivos son aqueles nos que se emprega auga pero que se contamina e polo tanto nos se poden reutilizar nun curto plazo de tempo e non pode pertencer ao ciclo da auga. E o non consuntivo é cando empregamos a auga pero non se contamina, por exemplo nos muíños.

 

5- Que é unha central hidráulica de embalse? E un fluínte? Destaca unha vantaxe e unha desvantaxe de cada tipo.

 

Unha central hidráulica de embalse é a que produce electricidade. Pola contra unha flluínte e como se colleramos mini centrais ao longo dun río e fanse encoros e empréganse para producir electricidade. Unha vantaxe da central fluínte é que non altera a paisaxe e un inconvinte é que produce moi pouca electricidade e da central de embalse é ao contrario.

 

6- Indica algunhas enfermidades relacionadas coa contaminación das augas?


Por exemplo a cólera. Sobre todo están relacionadas con que as acumulacións de augas estancadas provocan que se produzan numerosas bacterias e iso da lugas ás enfermidades.

 

7-  Os ríos teñen unha certa capacidade de depuración ante contaminantes. Como?


Os ríos teñen vexatacion, e as plantas polas súas raíces teñen capacidade de retirar parte dos contaminantes e os meten nos seus corpos e os recicla. Cando a auga se move moito osixénase moito e o osíxeno destrúe os contaminantes.

 

8- Que é a eutrofización?


Se chega a auga a un sitio e non se poden depurar, vanse acumulando na auga e aumentan os nutrintes e polo tanto o fitoplacto. Aparecen moitas algas e a auga ponse turbia e non entra luz polo tanto as plantas non poden realizar a fotosíntese e polo tanto morren e vai para o fondo e non dan osíxeno polo que os animais tamén morren.


9- Define brevemente que é a cinta transportadora oceánica?

 

É toda unha serie de correntes, que recorren todos os océanos do mundo e serven, por exemplo para transportar nutrintes ou regular a temperatura da auga.


Comentarios