MAPA METEOROLÓXICO
Neste mapa meteorolóxico podemos observar dous anticiclóns (centro de altas presións que provoca un tempo estable durante un periodio de tempo) e tres borrascas (centro de baixas presións que provoca un tempo inestable), as tres borrascas están situadas no norte europeo e un anticilón tamén e o outro anticiclón sitúase entre España e Gran Bretaña. No norte europeo pódense observan uns fortes ventos, xa que as isobaras están bastante preto unhas das outras e en cambio no centro europeo e no norte de África temos uns ventos máis suaves porque as isobaras están máis separadas. Por último toca falar das frontes. Podemos observar tres frontes cálidas, dúas frías e unha ocluída. As frontes cálidas como o seu propio nome indica son ventos cálidos e as frontes frías son ventos fríos que podemos ver que hai un gran gran fronte no centro de Europa que dentro duns días ou unhas semanas provocará ventos fríos en España. Por último a fronte ocluída quere dicir que hai unha mestura de ventos, cálidos e fríos pero os ventos fríos ao ser máis densos e polo tanto máis pesados quedan por debaiso dos cálidos que polo tanto quedarán por enriba. Para rematar, dicir que nos próximos días en España espérase un tempo estable, pola presenza do anticilón, pero un tempo frío, pola fronte que se acerca dende o centro de Europa.
Sergio Moreda Valverde
Comentarios
Publicar un comentario